Unha nova formación irrompeu cun poder extraordinario no mapa político español e galego tras as eleccións europeas. Podemos converteuse na cuarta forza máis votada en Galicia e no conxunto de España, pero a Televisión de Galicia decidiu minimizar o seu rotundo éxito.
Xa o día das eleccións, e antes de coñecer o extraordinario resultado do partido liderado por Pablo Iglesias, “pasouse” literalmente da información sobre Podemos nos dous telexornais, malia que todas as sondaxes de intención de voto lle aseguraban representación no europarlamento. No programa electoral referiuse a Podemos como “partido de esquerdas próximo aos antisistemas”.
O día seguinte, un día de análise de resultados, os Telexornais recolleron as declaracións de Pablo Iglesias, pero esqueceron achegar aos galegos máis detalles da nova formación.
O mesmo pasou nos telexornais do martes. Mentres todos os medios de comunicación informaban ao detalle do funcionamento de Podemos e falaban cos seus representantes en Galicia, a TVG limitábase a ofrecer un extracto dunha entrevista con Pablo Iglesias.
http://www.crtvg.es/informativos/podemos-quere-construir-unha-nova-maioria-politica-en-espana-823526
E, por suposto, non faltou a declaración dun membro do PP sobre Podemos, na que compara o avance de Podemos co da extrema dereita en Francia:
Outros medios de comunicación galegos si se achegaron a Podemos para informar so seu funcionamento.
http://www.farodevigo.es/galicia/2014/05/27/ejercito-anonimo/1031336.html
http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2014/05/27/comunidad-circulo/845389.html
Só o programa de debate Foro Aberto na TVG2, cunha audiencia menor cos Telexornais, entrevistou un dos membros do círculo vigués de Podemos