Paula Prado vs Gómez Besteiro: como non imos pensar mal?

besteiro-apoyadescarga
En apenas 24 horas, dúas noticias moi similares saltan do segredo sumarial da operación Pokemon á actualidade informativa. A TVG non lles deu o mesmo tratamento malia que a única diferenza é a militancia política dos seus protagonistas. Ou se cadra por iso mesmo.

O martes, a primeira hora da tarde, coñécese que a xuíza que instrúe o caso Pokemon abre unha peza separada sobre a voceira do PP, Paula Prado, que oportunamente conta o Telexornal Mediodía. Con máis tempo, o Telexornal Serán adícalle 18 segundos!!!! nun video no que se mestura con outras novidades dos novos tomos entregados pola xuíza. Non se menciona, por certo, a suposta factura inflada que lle pasou ao concello de Santiago por un espectáculo chamado La abeja Maya
Ao día seguinte, o Telexornal Serán adícalle 1 minuto e 26 segundos á nova sobre a apertura doutra peza separada para investigar ao secretario xeral do PSdeG-PSOE, Xosé Ramón Gómez Besteiro. É dicir case cinco veces máis que o día anterior a Paula Prado!!!!

http://www.crtvg.es/informativos/a-xuiza-da-pokemon-abre-unha-peza-separada-para-investigar-o-lider-do-psdeg-819592

Outra diferenza é que mentres a información sobre a voceira do PPdeG vai mesturada con outras, a do secretario xeral do PSdeG-PSOE ocupa toda unha peza do informativo.
O mércores, a nova de Paula Prado desaparece dos Telexornais. Só se ofrece a declaración de Agustín Hernández, vicesecretario xeral do PPdeG.
Estas son outras reaccións que a TVG preferiu silenciar:
Ángel Currás, alcalde de Santiago: “Se a xuíza abriu unha peza separada sobre Paula Prado, terá motivos para facelo”
Xosé Manuel Beiras, voceiro parlamentario de AGE: “Algo cheira a podre no Estado cando un partido que está podre por todas as partes (…) ten algo máis do 5 % de intención de voto”
Xavier Vence, voceiro nacional do BNG: “A vaga de corrupción fede ata tal punto que é insoportable”
Unha vez mais o distinto criterio informativo. Dúas noticias similares, dous tratamentos informativos distintos. Como non se vai pensar mal?

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s