A Televisión de Galicia segue ignorando a polémica política xerada polas declaracións de Arias Cañete.
Desta volta, os telexornais desprezaron este martes a petición de perdón do voceiro parlamentario do PP pola saída de ton do candidato ás eleccións europeas. Outros medios de comunicación si informaron das palabras de Puy Fraga, primeiro político conservador que se desmarca das palabras do ex-ministro.
A TVG silenciou de novo aos partidos da oposición, que volveron posicionarse en torno a esta polémica. O PSdeG-PSOE preguntuose se o presidente Feijóo comparte o punto de vista de Cañete. AGE cualificouno de machista e prepotente, e o BNG solicitoulle que pedira perdón e que faga unha rectificación contundente.
Malia a trascendencia da polémica, a TVG leva catro días sen informar aos galegos das reaccións ás declaracións de Arias Cañete, que xa trascenderon mesmo as fronteiras españolas.