As disculpas de Cañete son noticia, a tardanza en dalas non

cañete
Televisión de Galicia apresurouse hoxe, mércores 21 de maio, a infomar de que  Arias Cañete, cabeza de lista do PP ás eleccións  europeas, pedía disculpas a Elena Valenciano, candidata socialista, polas súas delcaracións machistas do pasado venres.

O Telexornal Mediodía, que en todos estes días, como xa informamos neste blog,  obviou por completo as reaccións que suscitaron as palabras do político popular, abriu hoxe a información electoral coas disculpas. Pero, sempre hai algún pero,  sen facer alusión a que chegan cinco días tarde.
Sí destacan a tardanza do candidato do PP a maioría dos medios.
Tampouco menciona o Telexornal Mediodía a resposta de Valenciano, que acepta as disculpas, aínda que apuntilla que o que importa é o que Cañete pensa, non o que di.
A resposta da candidata socialista si se recolleu  na portada da páxina web da canle autonómica, que publicaba as disculpas de Cañete  aos poucos minutos de coñecerse malia que en todos estes días non se  emitiron en TVG nin as propias declaracións do político cando achacou  as súas declaracións ao cansanzo.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s