
O mércores 21 de maio, o BNG convoca un acto de protesta en plena praza do Obradoiro, en Santiago, contra a resolución da xunta electoral central que anula a súa presenza nos espazos electorais dos medios públicos de Galicia.
Á concentración acudiron ducias de cargos e militantes do Bloque para denunciar o “atentado contra a democracia”, que segundo eles é un feito gravísimo.
Asistiron o voceiro nacional do BNG, Xavier Vence; a candidata ás vindeiras eleccións europeas, Ana Miranda; o voceiro no Parlamento galego, Francisco Jorquera, e o líder do partido no concello de Santiago, Rubén Cela, ademáis doutros parlamentarios e representantes.
Así reflicten a noticia varios medios de comunicación:
Pero o Telexornal mediodía da TVG, seguramente contaxiado disa decisión da xunta electoral de anular a información sobre o BNG, non ofrece nin a máis mínima imaxe da convocatoria na praza do Obradoiro.
Só se ofrece unha breve intervención da presentadora falando da decisión da xunta electoral:
No Telexornal serán só se ofrecen uns segundos de imaxes ao remate do bloque electoral habitual na campaña.
Outro exemplo do descaro e a falla de honestidade d@s responsables de informativos da TVG; ocultan e silencian un acto reivindicativo dun partido con representación parlamentaria e unha ampla historia política e social.