O servil perfil informativo do “enorme erro político” de Santiago

scale
A Televisión de Galicia apostou por un perfil informativo cativeiro para abordar unha das noticias políticas do ano. Se cadra porque estamos en campaña electoral o certo é que, como ocorre con outras informacións como as referidas ás declaracións machistas do candidato Arias Cañete, o xuízo contra os concelleiros do PP de Santiago tivo na televisión pública de todos os galegos un tratamento moi distinto ao que ofrecen outros medios.

O Telexornal Mediodía ocupouse durante tres minutos da frenética xornada nos xulgados de Santiago:
O Telexornal Serán despachou a nova en apenas dous minutos e medio:
En ningún dos dous informativos se escoitou declaración algunha dos partidos da oposición.
O PSdeG-PSOE acusou a Feijóo de “fuxir do país” durante o xuízo. O BNG denunciou a situación vergoñenta e indecente que, ao seu xuízo, se vive no concello de Santiago e AGE lamentou a “foto triste para Santiago e a democracia”. A TVG non ofreceu ningunha destas declaracións que os galegos si poden ler ou escoitar noutros medios de comunicación
Este menosprezo aos partidos da oposición contrasta con outros casos semellantes en que a TVG non dubidou en ofrecer a opinión do PP.
Por exemplo, as palabras de Alfonso Rueda sobre a crise insitucional no concello de Ourense:
Ou as do propio secretario xeral do PPdeG sobre as imputacións do alcalde de Lugo:
E como éstes, ducias de exemplos máis.
Tampouco se ofreceron as palabras dos partidos da oposición municipal en Santiago. En cambio, nos casos de Lugo e Ourense a voz do PP, na oposición, sempre se escoitou nos telexornais.
A Televisión de Galicia tampouco ofreceu as declaracións da tenente de alcalde, Reyes Leis, nas que recoñece que o PP ten un plan B preparado por se os seus concelleiros son condenados.
En definitiva, un novo caso de tratamento informativo que parece máis atento a servir as consignas que se lanzan desde o PPdeG que ao compromiso co rigor, a pluralidade e a veracidade do que tanto alardean desde algún despacho da TVG e que Eunonmanipulo pón en evidencia coas súas denuncias.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s