Un premio merecido… para @s traballador@s da TVG

           

            O venres 9 de maio coñécese a noticia de que a TVG ven de gañar o premio Iris da Academia das Ciencias e as Artes de Televisión, polo programa especial do accidente de Angrois emitido a noite do 24 de xullo de 2013.

            O galardón valora o esforzo realizado pola Televisión de Galicia para relatar a traxedia.

            Os telexornais deste venres emiten unha extensa referencia ao premio outorgado:

http://www.crtvg.es/informativos/a-tvg-premiada-polo-especial-informativo-da-traxedia-de-angrois-811871

            Desde eunonmanipulo congratulámonos deste premio por tod@s @s compañeir@s que aquel día deron un exemplo de profesionalidade e bon facer para informar a Galicia daquela terrible traxedia, como era e é a nosa obriga.

Pero ao mesmo tempo lamentamos – como se fixo neste mesmo blog días despois do sinistro – que a dirección de informativos da TVG non estivo á altura dos traballadores, obrigando a emitir imaxes moi morbosas das vítimas, mesmo en contra do criterio do xornalista encargado da noticia.

Moi ao noso pesar, o artigo que fixemos daquela sobre a emisión de tan duras imaxes segue sendo o máis visto na historia de eunonmanipulo.

Pero quedémonos co bon deste premio Iris á TVG, e a ver se dunha vez por todas este medio ofrece un servizo público de calidade, honesto e digno, sen manipulacións.

Ogallá pensase o mesmo a directora de informativos, que na reportaxe emitida hoxe – ao redor do minuto 3’11” – valora o galardón porque naquela triste xornada esta canle foi un SERVIZO PÚBLICO.

Mágoa que non o sexa todos os días.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s