
Venres 9 de maio. O alcalde de Santiago, Ángel Currás (PP), reafirma diante dos medios de comunicación que mantén a súa confianza en que os sete concelleiros do seu goberno acusados de prevaricación, que serán xulgados este mesmo mes, sexan absoltos.
Currás – a pesar de todo – reivindica a xestión municipal, e carga duramente contra a oposición co argumento de que, se se dese a situación á inversa, tamén él faría “críticas” pero “non” da mesma forma.
Así reflicten a noticia varios xornais e axencias informativas:
Pois a pesar do evidente interés informativo das declaracións do alcalde santiagués, nun asunto de enorme trascendencia non só para a capital de Galicia se non para o resto da comunidade, ningún Telexornal da TVG ofrece a máis mínima referencia.
Ata que punto se pretende soterrar o asunto, que nin sequera se emiten as xustificacións de Currás, mesmo atacando aos partidos da oposición no concello.
Para os responsables de informativos da TVG, seguramente vale a coñecida máxima de que “se non sae na televisión… non existe”.