
Martes, 6 de maio: O PP de Galicia presenta diante da prensa a campaña para as vindeiras eleccións europeas. Comparecen o secretario xeral Alfonso Rueda; a voceira e directora da campaña, Paula Prado; o vicesecretario xeral e conselleiro Agustín Hernández, e os candidatos galegos da lista do partido, Francisco Millán Mon e Carmen Pardo.
Diante da sorpresa xeral, quen levou todo o peso do acto foi Rueda, mentres Prado se mantiña nun absoluto silencio, a pesar da súa condición de voceira do PP en Galicia. O único que dixo, a preguntas dos xornalistas, foi que “xa falou o secretario xeral” (sic).
Prado leva máis dun mes practicamente “desaparecida” para a opinión pública, desde que se coñeceron as posibles implicacións – aínda que non están imputados – dela e do seu home no caso Pokémon.
Así reflicten a comparecencia dos conservadores galegos varios medios de comunicación, resaltando o mutismo de Paula Prado:
http://praza.com/politica/7095/rueda-parapeta-a-paula-prado-que-segue-en-silencio/
http://www.galiciaconfidencial.com/nova/18865.html
http://www.vtelevision.es/informativosv/2014/05/06/0031_3541215814001.htm?idioma=galego
http://www.farodevigo.es/galicia/2014/05/06/paula-prado-rompe-silencio-campana/1018081.html
http://www.20minutos.es/noticia/2131250/0/
Os telexornais da TVG tan só falan das previsións da campaña do PP, e mesmo nas imaxes só se dan planos curtos de Rueda, Millán Mon, Pardo e Hernández, ningún de Paula Prado, á que só se ve na mesa xeral case na esquina. E por suposto, só se dan as declaracións de Rueda, pero non sobre a chocante situación da voceira e directora da campaña europea:
No telexornal mediodía:
E no telexornal serán:
Unha vez máis, o “rigor” dos responsables da TVG. Se a voceira non fala, os informativos tampouco; e non se fai nin a máis mínima referencia a un feito que si destacan moitos outros medios. Xornalismo en estado puro.