Os contrastes informativos cos datos do paro

             O martes 6 de maio, coñécense os datos do paro do pasado mes de abril, que ofrecen un descenso no número de desempregados de algo máis de 111.000 persoas en España, das que 6.300 corresponden a Galicia.

             Son cifras referidas á diferencia co mes de marzo, e hai un detalle moi importante: a influencia positiva da semana santa, que conleva un importante aumento de contratacións sobre todo no sector servizos.

             O Telexornal mediodía da TVG fai case un mini-especial informativo sobre o asunto, con gran realce nos titulares, e con varios videos que resaltan eses datos, aínda que deixando perdido polo medio da noticia o dato da importancia da semana santa.

           E nos tres minutos e algúns segundos que dura a información (algo bastante excepcional) inclúense – ademáis dunha conexión en directo – declaracións dunha profesora de economía aplicada e da conselleira de traballo da Xunta, ámbalas en positivo, claro… pero non se ofrece ningunha opinión crítica (que as hai) sobre isas cifras do paro e as circunstancias nas que se rexistran:
          No mesmo telexornal seguen despois cunhas declaracións de Mariano Rajoy, feitas nun programa da cadena SER, que prevé máis creación de emprego nos vindeiros meses:
            Non se fala nada das numerosas preguntas “incómodas” que lle fixeron a Rajoy, como financiamento ilegal do PP, caso Bárcenas ou os casos de corrupción…
            Seguindo co tono festivo do telexornal, despois ofrécese unha noticia sobre a selección de 150 traballadores para un centro comercial de Madrid !!!!!:
              E logo chega a referencia á última enquisa do CIS, da que se destaca que a preocupación polo paro entre os españois baixa dous puntos… pero nada das valoracións dos líderes dos principais partidos: Rajoy obtén un insignificante  2’29 (de 0 a 10) e Rubalcaba un 2’93:
            Este despregamento de novas e datos positivos na TVG contrasta co que se fixo hai poucos días cando se coñeceron os negativos datos da EPA (enquisa de poboación activa) tanto en España coma en Galicia.
            Daquela, o mesmo telexornal mediodía “ventilou” en pouco máis de minuto e medio a información… e igual ca hoxe, non ofreceu ningunha opinión crítica de partidos políticos, sindicatos, traballadores, asociacións, empresas, parados…

 

Outro exemplo de limpeza e ecuanimidade informativa dos responsables da TVG. O caso é servir con fidelidade ao amo, ocultando as malas noticias, e ensalzando esaxeradamente as boas.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s