
Luns 5 de maio: no concello da Coruña desenvólvese un dos plenos municipais máis broncos e “quentes” nos últimos tempos.
Nun momento da sesión, o primeiro tenente de Alcalde e voceiro do goberno municipal do PP, Julio Flores, contestoulle dun xeito especialmente insultante ao voceiro de Esquerda Unida, César Santiso, chamándolle “vago e inútil”.
Os grupos do PSdeG-PSOE e do BNG rexeitaron as verbas de Flores, que está imputado na operación Pokémon, e solidarizáronse con Santiso.
A tensión que se vivíu nese pleno do concello coruñés foi amplamente recollida por distintos medios:
http://www.vtelevision.es/informativosv/2014/05/05/0031_3537639920001.htm?idioma=galego
http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2014/05/05/julio-flores-tacha-pleno-vago/837627.html
Pero non foi o caso da TVG, que non ofreceu ningunha información sobre o ocorrido nin no Telexornal mediodía nin no Telexornal serán.
Outra vez a ocultación de noticias negativas para o PP ou algún dos seus representantes, neste caso o voceiro do goberno municipal coruñés.