A propaganda electoral disfrázase de información

 

 

 

cañete

Comezou a campaña para as eleccións ao Parlamento europeo nos telexornais da TVG. Como non é oficial –a campaña propiamente dita empeza o día 9-, a xunta electoral aínda non obriga a axustar tempos e espazos as diferentes candidaturas.
É o momento da anarquía, de disfrazar de información o que só é propaganda, e de tratar, con pretendida rigurosidade, noticias que afectan de maneira moi desigual as diferentes forzas políticas.
O esquema que se adopta é o seguinte:

Información do PP.
————————
Nunca demasiado extensa, pero incluíndo sempre declaracións dos candidatos que repiten a consigna da recuperación económica.
Por exemplo, a información que ambos telexornais emitiron o luns, 28.

http://www.crtvg.es/informativos/o-pp-presenta-en-barcelona-o-seu-programa-para-as-europeas-803763

http://www.crtvg.es/informativos/arias-canete-di-que-o-pp-simboliza-a-recuperacion-economica-803762

Ou ben, a modalidade do Telexornal mediodia do martes, 29: Identificar actuacións do goberno con declaracións electoralistas de Arias Cañete; seguidas da noticia “positiva” da xornada: o anuncio de Núñez Feijoo de conxelar as taxas universitarias.
http://www.crtvg.es/informativos/arias-canete-chama-a-mobilizacion-porque-di-que-esta-en-xogo-un-modelo-de-xestion-804451
http://www.crtvg.es/informativos/isabel-garcia-tejerina-recibe-a-carteira-de-agricultura-804450

Información do PSOE.
—————————-

Xeneralmente, breve explicación do acto, seguida da declaración do candidato ou candidata, xa sexa Valenciano ou Xosé Blanco.

Como exemplo, a do xoves, 1 de maio:

http://www.crtvg.es/informativos/xose-blanco-participa-en-vigo-na-ofrenda-floral-aos-socialistas-mortos-no-franquismo-805988

Esta modalidade adoita ir acompañada de noticias “negativas” relacionadas co mesmo partido. Neste caso, duas declaracións seguidas, do ex presidente de Estremadura, Rodriguez Ibarra, criticando as primarias e outros aspectos do PSOE

http://www.crtvg.es/informativos/rodriguez-ibarra-aposta-por-eduardo-madina-para-dirixir-o-psoe-805986
http://www.crtvg.es/informativos/rodriguez-ibarra-di-que-o-problema-do-psoe-esta-na-falta-de-identidade-805987

O luns, 28, as noticias que seguían as declaracións de Elena Valenciano referíanse os alcaldes socialistas de Lugo e Ourense, imputados por corrupción.

Información de AGE e BNG.
—————————————
De mome nto, case inexistente.  Unha xuntanza da candidata Lidia Senra con integrantes da rede galega contra a pobreza. Ilustrada con imaxes pero sen declaracións.

http://www.crtvg.es/informativos/lidia-senra-reunese-con-integrantes-da-rede-galega-contra-a-pobreza-e-a-exclusion-social-803760

E a reseña do eurodiputado francés dos Verdes, José Bové, apoiando a candidata do BNG, Ana Miranda.  O protagonismo da información foi para Bové.

http://www.crtvg.es/informativos/jose-bove-apoia-a-ana-miranda-en-vigo-805989

Ningunha destas dúas informacións se repetiu no telexornal serán.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s