Ocultan récord histórico de parados en Galicia

 

 

desemprego

Hoxe, martes 28 de abril, publicouse a Enquisa de Poboación Activa (EPA) correspondente ao primeiro trimestre do ano. Os datos de Galicia, malos. Sen paliativos, como reflicten todo os medios de comunicación de forma máis ou menos contundente.

http://www.lavozdegalicia.es/temas/datos-del-paro-EPA
http://www.farodevigo.es/economia/2014/04/29/paro-sigue-creciendo-galicia/1013772.html
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/paro-aumento-16-100-personas-primer-trimestre-galicia-296-900/idEdicion-2014-04-29/idNoticia-866055/
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/04/29/galicia/1398765277_263591.html

Temos 16.100 parados máis en só tres meses, 9.100 máis ca no mesmo periodo do ano anterior; un total de 296.000 ; unha taxa de desemprego do 23,2%; 101.500 fogares galegos teñen todo os seus membros, en idade de traballar, en paro.

Pero nos telexornais optase por destacar a cifra referida ao conxunto do estado, onde o paro baixou en 2.300 persoas, grazas os bós resultados da Rioja e Andalucia . Claro que obviando este último dato….¡que Andalucia non é Comunidade grata!

Si informa o telexornal do mediodía que malia que  o paro baixou, aumentou a porcentaxe de desempregados, debido a perda da poboación activa. Pero non aclara o porqué desa perda: a emigración dos mozos a países onde poden atopar unha opción laboral non se menciona.
A fórmula manipuladora é outra vez a de darlle pouco espazo ao tema do día. Un só video non que se inclúen os datos a groso modo da EPA, algúns bós e outros menos bós, pero no que non da tempo a contalo todo.

Informan de que a  nosa foi a segunda Comunidade do estado onde máis subiu o desemprego, pero fan máis fincapé na comparativa,  por canto a taxa de paro en Galicia é 2,9 puntos inferior a española
http://www.crtvg.es/informativos/a-taxa-de-paro-sobe-a-un-25-9-e-a-un-23-2-en-galicia-segundo-a-epa-do-primeiro-trimestre-804468ola.

E olvidan mencionar datos como que Galicia batiu, este trimestre, o récord de persoas en paro, ou que o secretario xeral dos socialistas galegos, Xosé Ramón Besteiro, lle ofreceu públicamente o presidente Feijoo un pacto polo emprego.
De dar voz a parados, novos traballadores , sindicatos ou empregadores…xa nin falamos. Coma noutras ocasións, so falan as voces autorizadas do goberno, galego ou central, segundo cadre.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s