O sábado 26 de abril El País da conta da sentenza xudicial que desestima a demanda do ex-presidente do goberno, José María Aznar contra ese xornal.
A demanda veu motivada por unha publicación de El País na que informaba que Aznar cobrou sobresoldos do PP cando estaba na Moncloa
A nova foi recollida por outros medios. Tamén informan do comunicado de Aznar no que insiste en que non cobrou ningunha outra retribución que non fora como presidente do Goberno.
Polo xeral, os telexornais da galega difunden sentenzas, autos de xuices etc..que lles afectan a políticos, aínda que aparezan primeiro noutros medios. Pero nesta ocasión, a noticia pasou inadvertida.