Mércores, 23 de abril: o PP impediu a aprobación dunha proposición do BNG destinada a mellorar a protección dos enfermos con poucos ingresos. A iniciativa promovéraa unha avogada e xornalista viguesa, Beatriz Figueroa.
Hai un par de semanas, a Televisión de Galicia, como todos os medios de comunicación, contou a dura batalla que estaba a levar a cabo esta cidadá galega, que conseguiu reunir case 400.000 sinaturas de apoio á súa iniciativa:
Mesmo na web da CRTVG:
En cambio, a TVG non informou do resultado da votación no congreso dos deputados, onde o PP quedou só no rexeitamento a esta inicaitiva. Non é tarde aínda para que Beatriz Figueroa conte na televisión de todos os galegos a xenreira que sente ao ver derrotada a súa loita. Algún medio galego xa falou con ela: