Todo un clásico

CHUS

 

Luns 21 de abril: os médicos do servizo de urxencias do CHUS convocan unha folga.

 

Facendo gala do seu máis que discutible criterio informativo, esta noticia non ten oco nos telexornais da TVG , como xa denunciou Eunonmanipulo.

 Menos mal que outros medios galegos deron conta da transcendencia da noticia:
Ao día seguinte, martes 22 de abril, a TVG “racha con todo” e decide informar sobre a desconvocatoria dunha folga que para os telexornais da canle autonómica pública pasara inadvertida o día da súa convocatoria, o luns.
Non é raro. É un clásico da TVG: non dar a noticia segundo a quen prexudique, pero si dar o desmentido segundo a quen beneficie. Podería tratarse do PP?
Sería interesante que os responsables da canle deran dunha vez por todas algunha explicación, que non retificación por se se fai costume, ás denuncias deste blog, que é tan “anónimo” como os telexornais da Galega, que non levan títulos de crédito.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s