Outra vez o PP e o pasado franquista

 

Mércores, 9 de abril. O PP rexeita no Parlamento galego a concesión da medalla de ouro de Galicia a título postumo a Amador Rey e Daniel Niebla, os dous obreiros da antiga Bazán de Ferrol, asasinados pola policía franquista en 1972 no transcurso dunha manifestación.

O PP foi o único grupo que votou en contra da proposta impulsada pola deputada de AGE, Consuelo Martínez. Partidos e membros da oposición votaron a favor, pero a maioría absoluta dos conservadores impedíu a concesión da medalla a Amador e Daniel.

O voceiro do PP no debate, Aurelio Núñez Centeno, xustificou a negativa en que aquel caso “é pasado e as medallas soen darse a institucións ou persoas vivas, e ocasionalmente a persoas falecidas recentemente”.

Mentres, Consuelo Martínez pechou o turno de intervencións preguntándolle á bancada do PP “como queren que os galegos non os consideren heredeiros do franquismo se sempre se negan a condenar os seus crimes ? “.

Así reflectiron a noticia algúns medios de comunicación:

 

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2014/04/09/pp-opone-conceder-medalla-galicia-dos-obreros-bazan-asesinados-ferrol/00031397045576540310496.htm

 

http://www.europapress.es/nacional/noticia-obreros-bazan-asesinados-grises-1972-no-recibiran-medalla-galicia-20140409130925.html

 

http://www.vigoalminuto.com/2014/04/09/amador-rey-y-daniel-niebla-obreros-de-la-bazan-asesinados-por-el-franquismo-no-tendran-la-medalla-de-galicia/

 

http://www.lavozlibre.com/noticias/ampliar/905271/los-obreros-de-bazan-asesinados-por-los-grises-en-1972-no-recibiran-la-medalla-de-galicia

 

Pero a TVG, a pesar da relevancia do debate e do propio galardón, e da polémica suscitada no Parlamento, non ofreceu ningunha información nos Telexornais deste mércores 9.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s