O martes 8 de abril, na comisión de Economía do Congreso dos deputados, o PP rexeita coa súa maioría absoluta unha proposta do BNG para devolverlle o diñeiro aos afectados galegos polas preferentes que aínda non o recuperaron (ao redor de 35.000 persoas).
O curioso – e triste – do asunto é que a proposta do Bloque incluía o acordo acadado por unanimidade no Parlamento de Galicia hai menos dun mes, cando o PP o respaldou xunto co resto de partidos con representación parlamentaria. É dicir, o PP no Congreso rexeita unha proposta favorable aos preferentistas que o PP de Galicia aprobou…
Así reflicten a noticia algúns medios de comunicación:
http://economia.elpais.com/economia/2014/04/08/agencias/1396960082_802359.html
A TVG non ofreceu nin a máis mínima información sobre a noticia, nin nos Telexornais do mesmo martes día 8, nin no Telexornal mediodía do mercores día 9.