E as reclamacións dos alcaldes de Vigo e Santiago polas demarcacións xudiciais ??

                       O luns 7 de abril, continúa a indignación en Santiago e Vigo contra o anteproxecto de Lei do Poder xudicial aprobado o venres polo Consello de Ministros, que plantexa a creación de Tribunais provinciais de Instancia nas capitais de provincia, relegando ás cidades que non o son.

              As contestacións a nivel institucional non se fan agardar, e os alcaldes disas cidades mostran o seu descontento:

 

 

              En Santiago, o Alcalde, Ángel Currás (PP) convocou unha rolda de prensa para advertir que defenderá a demarcación xudicial compostelá en contra do anteproxecto do goberno  central, e falará con quen sexa para logralo:

        O mesmo ocorre en Vigo, onde tamén o Alcalde, Abel Caballero (PS de G-PSOE), mantivo un encontro cos xornalistas para destacar a gran mobilización social que prevé realizar para esixir que a cidade siga sendo Partido xudicial.
        No caso vigués, compre destacar que o propio Partido Popular local uníuse á reivindicación, asegurando que esgotará tódalas vías posibles para que se revise a decisión do goberno central:
                  Ningún dos informativos da TVG deste luns ofrece nada sobre isas protestas… a pesar de ser realizadas – nin máis nin menos – polos alcaldes da capital de Galicia e da cidade máis poboada da comunidade, Santiago e Vigo.
Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s