“Este blog foi creado polo Comité de Empresa da Televisión de Galicia para denunciar a MANIPULACIÓN INFORMATIVA que sofre a canle pública e para demandar a creación dun CONSELLO DE INFORMATIVOS . ”
É a cabeceira de Eunonmanipulo, que hoxe recuperamos porque hai xusto un ano que empezamos a denunciar públicamente o que ata entón só laiabamos entre nós.
Non é o primeiro intento de frear a manipulación política e gubernativa da Televisión de Galicia. Xa houbo outros, como a iniciativa lexislativa popular para democratizar o nomeamento do director xeral, que non foi adiante por votar en contra a maioría do PP no Parlamento, ou o informativo-denuncia que boa parte dos xornalistas da empresa protagonizaron na Praza do Toural, en Santiago.
Non é o primeiro, pero sí o máis sostido no tempo. Neste ano levamos denunciado 710 casos de manipulación noutros tantos artigos publicados.
O caso Bárcenas, a Gürtel, a Pokemon, o trato desigual a segundo que políticos, a ocultación de siglas cando o protagonista dunha nova negativa é o PP ou algún dos seus membros, ao revés do que se fai cando se trata doutros partidos…
Ducias de casos, os últimos encamiñados a subliñar os datos positivos da macroeconomía española e a agochar os negativos da vida real. É certo que melloran as cifras do paro, como informaron TVG e o resto dos medios, pero tamén é certo que aumenta a temporalidade laboral e que a decisión de moitos parados de facerse autónomos axuda a adelgazar as listas do INEM. Iso non se conta, nin se fala da cantidade de mozos que emigran a Europa ou América, malia que TVG ten alí colaboradores, nin se fan reportaxes de galegos que malviven baixo o umbral da pobreza.
A manipulación segue e polo tanto Eunonmanipulo, tamén. Ogallá tivésemos que pechar o blog, pero de momento non parece que esa sexa unha opción.
Neste ano tivemos preto de 140.000 visitas, e moitas das nosas denuncias foron motivo de debate parlamentario, que mesmo obrigaron ao director xeral a dar explicacións na cámara. Tamén fomos noticia noutros medios, moi ao noso pesar, e mesmo houbo algún momento no que parecía que a manipulación diminuía, pero como xa prognosticamos, foi “flor dun día”.
Estes foron os dez artigos máis vistos neste ano:
10.- Ninguneando o logro histórico do dominio “.gal” (560 visitas)
https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/06/16/ninguneando-o-logro-historico-do-dominio-gal/
9.-Salvemos Galicia… na TVG non (604 visitas)
https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/05/22/salvemos-galicia-na-tvg-non/
8.-“Leña” ao BNG cara as eleccións europeas 635
https://eunonmanipulo.wordpress.com/2014/03/16/lena-ao-bng-cara-as-eleccions-europeas/
7.-Unha traducción perfecta…ao castelán (905 visitas)
https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/05/10/unha-traduccion-perfecta-ao-castelan/
6.- Escándalo e vergoña no Telexornal Serán con Conde Roa (931 visitas)
https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/06/08/escandalo-e-vergona-no-tx-seran-con-conde-roa/
5.- Duro comunicado dos bombeiros, que non se emite (1.083 visitas)
https://eunonmanipulo.wordpress.com/2013/08/12/duro-comunicado-dos-bombeiros-que-non-se-emite/
4.- En defensa da CRTVG ante os ataques desleais de La Voz (1.299 visitas)
3.-A manipulación dos disturbios en Santiago (2.291 visitas)
https://eunonmanipulo.wordpress.com/2014/03/13/a-manipulacion-dos-disturbios-en-santiago/
2.-Orgullo e tristura ( 3.432 visitas)
https://eunonmanipulo.wordpress.com/2014/02/11/orgullo-e-tristura/
1.- As imaxes que nunca deberon emitirse, orde da dirección de informativos (5.602 visitas)
Moitas grazas por acompañarnos este ano. Como xa sabedes temos á vosa disposición perfís en Twitter e Facebook e un enderezo electrónico eunonmanipulo@gmail.com