http://www.elmundo.es/madrid/2014//03/533d877ae2704ea6348b457b.html
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/04/03/madrid/1396542487_183605.html
No telexornal serán non mereceu nin unha breve referencia con imaxes de arquivo, a pesar de que a media tarde a noticia estaba contratastada de sobras e Esperanza Aguirre xa dera a súa versión.
http://www.elmundo.es/madrid/2014/04/04/533e65f2e2704ebe338b456e.html
Obviar unha noticia que ten tal repercusión, ao marxe da súa trascendencia, non debería ser normal hoxendía. Non son tempos para esperar a que unha noticia quede plasmada con tinta impresa para comezar a valorala. A Galega conta cos mesmos instrumentos que calquera outro medio para difundir a noticia con prontitude.
Sen embargo a canle autonómico esperou ata hoxe, día 4, para incluir nos telexornais este asunto, cando xa era un clamor en toda España.
Unha vez máis mostrouse que a dirección de informativos da TVG utiliza dúas varas de medir en función da cor política á hora de descatacar ou non episodios controvertidos das personalidades públicas. Esperanza Aguirre non é Beatriz Sestayo.