O alcalde de Muras non, pero Paco Vázquez… o que faga falta!

Francisco Vázquez: "Próducelle rexeitamento ao cidadán unha lista integrada por antigos ministros"

O domingo 16 de marzo, os informativos da TVG volven quedar en evidencia – pola súa tendenciosidade – a conta dunha entrevista que lle realizan na Radio Galega ao ex-alcalde socialista da Coruña e ex-embaixador español diante do Vaticano, Francisco Vázquez.

Só tres días despois de facer o ridículo ao non emitir as duras declaracións do alcalde do PP de Muras (Lugo) contra os dirixentes do seu propio partido, os Telexornais deste domingo mostran claramente, sen atrancos, a súa famosa dobre vara de medir.

 

Seguir lendo

As “actitudes reprochables” do concelleiro santiagués Adrián Varela (PP)

http://img.europapress.net/fotoweb/fotonoticia_20140314135857_800.jpg

                           O venres 14 de marzo, o concelleiro de deportes de Santiago, Adrián Varela, do PP, mantén un encontro con xornalistas no que recoñece que non está orgulloso de determinadas actitudes e comentarios seus que están recollidos no sumario da operación Pokemon, na que está imputado. O edil cualificounas de “reprochables”.

Seguir lendo

“Leña” ao BNG cara as eleccións europeas

                        O sábado, 15 de marzo, os Telexornais ofrecen a información relativa á precampaña electoral das europeas do BNG, coa actividade desenvolvida polo voceiro, Xavier Vence, e a candidata Ana Miranda.

Pero tanto o Telexornal mediodia coma o Telexornal serán deste sábado emiten a continuación unhas declaracións da voceira do PP de Galicia, Paula Prado, nas que volve insinuar a relación dos nacionalistas galegos con ETA.

Seguir lendo

E o cru informe do ocorrido cos inmigrantes en Ceuta ??

    

         O venres 14 de marzo coñécense os informes médicos do colectivo “Ca-minando fronteras” sobre o ocorrido a noite do seis de febreiro na praia do Tarajal en Ceuta, cando faleceron 15 persoas e outras tantas resultaron feridas ao tentar entrar a nado en España.

 
          O traballo foi realizado por varios especialistas, mediante entrevistas aos propios superviventes e aténdose aos partes médicos de lesións, e nas conclusións insisten en que a garda civil tirou a darlle (con pelotas de goma) aos inmigrantes que estaban na auga, e denegoulles o auxilio.

Á Conselleira de Traballo non lle gusta a reforma da lei do aborto

                    O venres 14 de marzo, a Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, intervén nos “almorzos da Asociación da Prensa da Coruña”, onde afirma que non lle gusta o anteproxecto de reforma da lei do aborto promovida polo seu compañeiro de partido e Ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón.

                     Mato apelou a que se busque o consenso na tramitación da lei, engadindo que “pode facerse mellor e espero que cambie”, porque segundo ela “aquí falamos de conciencia, non de dereitas nin de esquerdas”.

Non importa que os nenos pasen fame

Xoves 13 de marzo. O xornal “La Voz de Galicia” publica unha entrevista con Helena Gómez, presidenta da Federación de asociacións de pais de alumnos de centros públicos da Coruña, na que alerta de que cada vez son máis os nenos que chegan ao colexio sen almorzar, e levan menos cantidade de merenda.

Segundo Gómez, a situación non se reduce a un so centro, se non que se repite en moitos porque bastantes familias non dispoñen de diñeiro nin medios para comprar alimentos.

Seguir lendo

E as duras críticas do alcalde de Muras (PP) á dirección do partido en Galicia?

Xoves 13 de marzo. O alcalde do concello lugués de Muras, Issam Alnagm, do PP, fai unhas duras e sorprendentes declaracións contra o seu propio partido. Fixoo en Lugo, onde acudíu a declarar como imputado pola trama das multas de tráfico que investiga un xulgado lugués.

Alnagm, de orixe siria e un dos máis veteranos alcaldes do PP en Galicia, declárase “fraguista” e di que “o PP é de Fraga, non desta xente que o ten secuestrado”. Tamén engade que os actuais dirixentes do PP en Galicia son uns “yeyés”, e que “xa botaron a Cacharro e a moitos fraguistas… e non van botar a máis”.

Seguir lendo