A Galega esquece contar que un de cada catro españois no extranxeiro é galego

 emigrantes

O xoves 20 de marzo tódalas cabeceiras galegas e españolas da prensa destacaban que un de cada catro españois que viven fóra de España é galego, ou o que é o mesmo, que o 25% dos emigrados no exterior son galegos.

Os datos, difundidos polo INE (Instituto Nacional de Estatística), corresponden ao padrón de españois residentes no extranxeiro no 2013.

Ese case medio millón (479.558 emigrados) de galegos inscritos como residentes no extranxeiro convértenos na comunidade autónoma con máis traballadores fóra das nosas fronteiras. Ademáis o INE difunde o dato de que en Galicia, ata o 1 de xaneiro de 2014, emigraron 15.746 persoas máis que no ano anterior.

Galicia si é, categóricamente, a campiona española, a número un, a mellor marca en algo, e sen embargo, a Galega, a televisión autonómica dos galegos, pasa por alto a noticia en tódolos informativos do 20 de marzo.

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/03/20/galicia/1395318083_265413.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/emigracion/2014/03/20/480000-gallegos-viven-extranjero/00031395310532822668970.htm

http://www.farodevigo.es/galicia/2014/03/21/cuatro-espanoles-residentes-exterior-gallego/990239.html

http://www.laregion.es/articulo/sociedad/cada-espanoles-residentes-extranjero-gallego/20140320133156450830.html

http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2014/03/21/cuatro-espanoles-residen-exterior-galicia/823288.html

http://www.lavanguardia.com/vida/20140320/54404272189/uno-de-cada-cuatro-espanoles-residentes-en-el-extranjero-es-gallego.html

Sen embargo, o día anterior, o día 19 de marzo, no telexornal mediodía si consideraron contar que dos 28 paises europeos España é o séptimo máis feliz. Mesmo foi avanzado en titulares ás 14.43 h. Para os responsables da Galega importa máis que os españois sexamos os sétimos dun total de 28, a que os galegos lideremos o podio español en algo.

É posible que, cumplindo a función de servicio público, quen esqueceu contar que os galegos somos os máis emigrantes, non quixera fastidiarlles aos galegos o día internacional da felicidade. A felicidade! Que estado pracenteiro!

http://www.crtvg.es/informativos/hoxe-celebrase-o-dia-mundial-da-felicidade-776040

 

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s