O luns 17 de marzo tres responsables de Tráfico en Galicia rexeitan por escrito comparecer diante da comisión de seguridade vial do Parlamento de Galicia ao non recoñecer a súa competencia. Esto provoca unha protesta dos tres grupos presentes na comisión, PP, PSOE e BNG. A noticia é recollida polo Telexornal mediodía pero óbvianse as críticas dos grupos parlamentarios, sobre todo pola carta enviada á presidenta do Parlamento polo delegado do Goberno, Samuel Juárez, xefe xerarquico dos funcionarios invitados.
http://www.crtvg.es/informativos/trafido-do-estado-rexeita-acudir-ao-parlamento-de-galicia-773396
A negativa dos responsables de Tráfico do Estado é ampliamente recollida polos medios galegos que detacan o malestar causado entre os grupos parlamentarios e as xustificacións do delegado do Goberno.
O martes 18 o voceiro do PP no Parlamento, Pedro Puy, lamenta a decisión do Delegado do Goberno e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirma que sería bó que os responsables de Tráfico comparecesen no Parlamento galego.
http://www.abc.es/local-galicia/20140318/abci-juarez-cargos-estatales-parlamento-201403181412.html
http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2014/03/19/xunta-pide-juarez-reconsidere-presencia/822561.html
Estas reaccións críticas non son recollidas nos telexornais, que si dan cancha a Samuel Juárez para que explique as súas razóns, inmediatamente despois de informar que o Parlamento debatera a súa reprobación.