17 de marzo. Pedro Puy, voceiro parlamentario do PP, dixo que non cre que o BNG “lexitime” o terrorismo coa súa alianza con Bildu para as eleccións europeas nin ten “ningún motivo” para pensar que “apoie prácticas violentas”.
Unhas declaracións realizadas despois de que Paula Prado, voceira do PP galego, afirmase que, “coa súa decisión de aliarse con Bildu” para concorrer aos comicios europeos, o BNG pide “aos galegos que lexitimen 50 anos de terrorismo en España”.
Posteriormente, Vence replicou que o PP “debería retirar da circulación a Paula Prado e non poñela a dicir disparates”.
As palabras de Prado apoiábaas o vicepresidente da Xunta e secretario xeral do PP, Alfonso Rueda, afirmando que o dito por Prado é “unha reflexión que seguro que comparte moita xente”.
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/03/17/galicia/1395070919_441138.html
Na Galega, das declaracións de Pedro Puy desmarcándose da liña do partido e contradicindo a Paula Prado, non se deu nada.