O caso do millón que a Xunta pagou a un parente de Louzán por expropiarlle unha canteira que non funcionaba

louzan

O luns 17 de marzo, a prensa escrita faise eco dunha información protagonizada por Rafael Louzán, presidente do PP e da Deputación Provincial de Pontevedra.

Segundo El País, e algún outro medio que se sumou a esta información, a Xunta expropiou ao doble do seu prezo, un millón de euros, unha canteira de granito que explotaba unha empresa propiedade deun familiar de Louzán.

Isto pode ser certo ou non e decidirao a xustiza.

Pero o que si é categoricamente certo é que a Fiscalía de Pontevedra está investigando ese pagamento. Leva varios meses detrás de esa historia logo de que un anónimo presentara unha denuncia ao respecto. Sabemos tamén que a antes da expropiación esa canteira tiña escasa actividade, e que a fiscalía xa ten no seu poder os documentos das contas desa canteira antes de 2008, ano en que foi expropiada.

A noticia foi unha primicia de El País na súa edición en Galicia, pero ás poucas horas de terse publicado outros medios fixérono tamén. A Galega, en ningún dos seus informativos, se fixo eco da investigación de meses da fiscalía pontevedresa

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/03/16/galicia/1395002628_759103.html

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s