O domingo 16 de marzo, os informativos da TVG volven quedar en evidencia – pola súa tendenciosidade – a conta dunha entrevista que lle realizan na Radio Galega ao ex-alcalde socialista da Coruña e ex-embaixador español diante do Vaticano, Francisco Vázquez.
Só tres días despois de facer o ridículo ao non emitir as duras declaracións do alcalde do PP de Muras (Lugo) contra os dirixentes do seu propio partido, os Telexornais deste domingo mostran claramente, sen atrancos, a súa famosa dobre vara de medir.
O Telexornal mediodía destaca varias declaración feitas por Francisco Vázquez na Radio Galega… todas elas críticas co PSOE e coa lista de candidatos prevista para as eleccións europeas:
O mesmo ocorre co Telexornal serán, co agravante de que neste caso, tamén se emiten declaracións de Vázquez nos titulares do informativo (ao redor do minuto 3′ 35″):
http://www.crtvg.es/informativos/titulares-das-21-00h-772771
Logo, dentro do espazo, emítense as mesmas partes de entrevista que no Telexornal mediodía:
Outra das manipulacións preferidas nos informativos da TVG: darlle unha gran resonancia aos conflitos internos dos partidos políticos rivais do PP e ser o altofalante daqueles persoeiros (no caso do PSdeG-PSOE os exemplos máis claros son Carlos Príncipe e Francisco Vázquez) que se mostran críticos e/ou disidentes coa súa propia formación.
Hai que informar deses casos, pero tamén hai que facelo cando ocorre co PP.