A criminalización da oposición na manifestación do cerco

cerco

17 de marzo. O secretario xeral do Sindicato Unificado de Policía en Galicia apuntou que a carga por parte dos membros da unidade de antidisturbios o pasado martes na manifestación do sector da frota do cerco foi “proporcionada” e que se debeu actuar antes.

Tamén reprobou o comportamento de “algúns políticos sectarios que actúan máis como hooligans”, en alusión a membros do BNG que trataron de mediar durante a carga policial.

A rolda de prensa é recollida por tódolos medios.

http://www.farodevigo.es/mar/2014/03/17/sup-insiste-carga-marcha-cerco/986809.html

http://www.europapress.es/galicia/pesca-00247/noticia-pesca-am-sup-alerta-camorristas-profesionales-protesta-cerco-acusa-bng-actuar-hooligans-20140317143059.html

http://www.20minutos.es/noticia/2087101/0/

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/03/17/galicia/1395075414_770784.html

É claramente sospeitosa a orientación que se da a información na edicion do telexornal mediodía:

http://www.crtvg.es/informativos/sup-a-resposta-policial-a-marcha-do-cerco-foi-proporcionada-773391

Moi semellante a algunhas informacións reflectidas en medios privados de orientación conservadora na que se destaca a actuación dos deputados da oposición no Parlamento e non se fai referencia a presenza da manifestación de “camorristas profesionais” como fan outros medios:

http://www.abc.es/local-galicia/20140317/abci-policia-reacciones-manifestacion-parlamento-201403171220.html

Ben distinta é a información que se da na edición da tarde:

http://www.crtvg.es/informativos/o-sup-di-que-a-actuacion-da-policia-durante-a-manifestacion-do-cerco-foi-proporcionada-773526

O que non se dixo na TVG o día da manifestación, nin o día da rolda de prensa do SUP, e que foron varios deputados, do BNG e AGE, os que saíron da Cámara para esixir aos antidisturbios que cesaran o seu ataque. Entre eles estaba a deputada do BNG Montse Prado, que tivo que ser atendida polos servizos médicos tras recibir varias porradas dos axentes.

Neste blog xa se fixo refencia a este asunto.

https://eunonmanipulo.wordpress.com/2014/03/13/a-manipulacion-dos-disturbios-en-santiago/

O que parece é que o obxectivo que se persegue é criminalizar a oposición, pero aí está a información para facerse unha idea.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s