As “actitudes reprochables” do concelleiro santiagués Adrián Varela (PP)

http://img.europapress.net/fotoweb/fotonoticia_20140314135857_800.jpg

                           O venres 14 de marzo, o concelleiro de deportes de Santiago, Adrián Varela, do PP, mantén un encontro con xornalistas no que recoñece que non está orgulloso de determinadas actitudes e comentarios seus que están recollidos no sumario da operación Pokemon, na que está imputado. O edil cualificounas de “reprochables”.

Sobre a relación co alcalde e o resto dos seus compañeiros do PP, Varela asegurou que é moi boa, pero engadíu que “quizás no nos vayamos de copas, pero hay cordialidad y mucha fluidez…) (sic).

Con todo o ocorrido nos últimos tempos, e co goberno municipal compostelán no ollo do furacán político e xudicial, parece que mesmo dentro do seu propio partido lle dan as costas a Adrián Varela, xa que asegurou que ningún dirixente autonómico do PP falou con él.

                            A meirande parte dos medios galegos destacan esta noticia:

Pero a TVG non ofrece nada sobre o asunto, nin nos Telexornais do venres nin nos do sábado día 15. E iso que no encontro de Varela cos xornalistas había un equipo de cámara e redactor… Os responsables da TVG volven mostrar a súa aversión a sacar “asuntos negativos” para o PP, e dun xeito especialmente descarado con todo o relacionado co goberno municipal do PP en Santiago e a súa implicación na Pokemon.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s