O venres 14 de marzo coñécense os informes médicos do colectivo “Ca-minando fronteras” sobre o ocorrido a noite do seis de febreiro na praia do Tarajal en Ceuta, cando faleceron 15 persoas e outras tantas resultaron feridas ao tentar entrar a nado en España.
O traballo foi realizado por varios especialistas, mediante entrevistas aos propios superviventes e aténdose aos partes médicos de lesións, e nas conclusións insisten en que a garda civil tirou a darlle (con pelotas de goma) aos inmigrantes que estaban na auga, e denegoulles o auxilio.
Varios medios de comunicación destacan a información:
Os informativos da TVG limítanse a ofrecer unha breve noticia sobre o novo regulamento que garante os dereitos dos extranxeiros nos centros de internamento en España.
No Telexornal mediodía, van unhas declaracións do Ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz:
E no Telexornal serán só se fala dese regulamento que – segundo o goberno – “desenvolve de xeito moi garantista o estatuto xurídico dos estranxeiros, incluíndo dereitos e deberes”:
Outro dos asuntos incómodos e difíciles para o goberno central do PP (sobre todo para o Ministro do Interior e para o director xeral da Garda civil, Arsenio Fernández de Mesa), que se oculta na TVG.