Non importa que os nenos pasen fame

Xoves 13 de marzo. O xornal “La Voz de Galicia” publica unha entrevista con Helena Gómez, presidenta da Federación de asociacións de pais de alumnos de centros públicos da Coruña, na que alerta de que cada vez son máis os nenos que chegan ao colexio sen almorzar, e levan menos cantidade de merenda.

Segundo Gómez, a situación non se reduce a un so centro, se non que se repite en moitos porque bastantes familias non dispoñen de diñeiro nin medios para comprar alimentos.

Así recolle o xornal esta dramática noticia:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2014/03/13/crisis-economica-empobrece-alimentacion-escolares/0003_201403G13P8995.htm

AGE pide al Valedor estudiar cuántos niños en Galicia sufren carencias alimenticias pues la Xunta

O mesmo xoves ao mediodía, os deputados de AGE no Parlamento de Galicia, Xabier Ron e Ramón Vázquez ofrecen unha rolda de prensa na que anuncian un recurso ao Valedor do Pobo para que analice cantos nenos padecen desnutrición en Galicia, á vista de que a Xunta “mira para outro lado” e ten unha actitude “indigna e indecente” nesta problemática:

http://www.europapress.es/galicia/noticia-age-pide-valedor-estudiar-cuantos-ninos-galicia-sufren-carencias-alimenticias-pues-xunta-mira-otro-lado-20140313143957.html

http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=1590951

http://www.gentedigital.es/santiago-de-compostela/noticia/1343803/age-pide-al-valedor-estudiar-cuantos-ninos-en-galicia-sufren-carencias-alimenticias-pues-la-xunta-mira-para-otro-lado/

http://www.20minutos.es/noticia/2084178/0/

Ningún informativo da TVG ofrece a máis mínima noticia do asunto, igual que ocorreu hai só uns días ao coñecerse o terrible dato de que case 650.000 persoas están baixo o umbral da pobreza en Galicia.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s