E as duras críticas do alcalde de Muras (PP) á dirección do partido en Galicia?

Xoves 13 de marzo. O alcalde do concello lugués de Muras, Issam Alnagm, do PP, fai unhas duras e sorprendentes declaracións contra o seu propio partido. Fixoo en Lugo, onde acudíu a declarar como imputado pola trama das multas de tráfico que investiga un xulgado lugués.

Alnagm, de orixe siria e un dos máis veteranos alcaldes do PP en Galicia, declárase “fraguista” e di que “o PP é de Fraga, non desta xente que o ten secuestrado”. Tamén engade que os actuais dirixentes do PP en Galicia son uns “yeyés”, e que “xa botaron a Cacharro e a moitos fraguistas… e non van botar a máis”.

Entre outras cousas, o alcalde de Muras di que, se o expulsan do PP, lle farán un gran favor.

Así reflicten e destacan a noticia os medios de comunicación:

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/alcalde-muras-advierte-pp-no-va-echar-fraguistas/idEdicion-2014-03-13/idNoticia-857659/

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2014/03/13/alcalde-muras-espiritu-fraga-pp-yeyes/00031394701149361794836.htm

http://elprogreso.galiciae.com/nova/317279-issam-alnagm-verdadero-pp-fraga-yeyes

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/03/13/galicia/1394708608_162774.html

http://www.20minutos.es/noticia/2083844/0/

Pero os informativos da TVG ocúpanse unicamente do caso da trama das multas de tráfico, e dentro da noticia dan as declaracións máis xenéricas de Alnagm dicindo que “falou para mostrar o seu descontento coa clase política”, e cando critica por igual a PP, PSOE e BNG. Así se emitíu no Telexornal mediodía:

Nada sobre as duras críticas á dirección do PP en Galicia, o seu propio partido. Sen embargo, fíxense nunha “pequena” curiosidade: ao redor dos 00′ 30″ da información, un dos rótulos de noticias que se emiten na parte inferior das imaxes, di que o alcalde de Muras “ataca a dirección do PPdeG”, textualmente. Inexplicable que se aluda as críticas nun simple rótulo uns segundos, pero non na noticia.
Pola tarde, o Telexornal serán repite a “xogada”. Céntranse na trama das multas de tráfico, din que o alcalde de Muras amosou o seu descontento coa clase política, e póñense as mesmas declaracións xenéricas do mediodía:
Outra vergoña desinformativa d@s responsables de informativos da TVG. Nin unha soa mención ás críticas dun dos máis emblemáticos alcaldes do PP ao seu propio partido.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s