Á Conselleira de Traballo non lle gusta a reforma da lei do aborto

                    O venres 14 de marzo, a Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, intervén nos “almorzos da Asociación da Prensa da Coruña”, onde afirma que non lle gusta o anteproxecto de reforma da lei do aborto promovida polo seu compañeiro de partido e Ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón.

                     Mato apelou a que se busque o consenso na tramitación da lei, engadindo que “pode facerse mellor e espero que cambie”, porque segundo ela “aquí falamos de conciencia, non de dereitas nin de esquerdas”.
                    Así dan a noticia varios medios de comunicación:
            Pero o Telexornal mediodía da TVG non fai nin a máis mínima referencia ás declaracións da Conselleira, aínda que si se emite a opinión de Mato nese acto cos xornalistas da Coruña, dicindo que o obxectivo da Xunta este ano é baixar o paro ata o 21 %:

O mesmo ocorre co Telexornal serán; só se ofrece a declaración da Conselleira sobre o obxectivo do paro. Nada sobre a súa crítica á reforma da lei do aborto:

http://www.crtvg.es/informativos/a-xunta-marcase-como-obxectivo-o-descenso-do-paro-ata-o-21-a-finais-do-2014-772059

 

                       Outra vez o silencio dos informativos da TVG nun asunto que lle resulta moi incómodo ao goberno do PP.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s