A manipulación dos disturbios en Santiago

      

Entre o martes 11 e o mércores 12, os informativos da TVG volven demostrar unha absoluta falta de equilibrio informativo, reflectindo unha clara tendenciosidade.

O martes, en Santiago prodúcense graves disturbios nas rúas e diante do Parlamento de Galicia, a raiz da manifestación de mariñeiros do cerco, que lle piden ao goberno central maior cota de pesca, e á Xunta que defenda os seus intereses.

Na mobilización dos pescadores pídese repetidamente a dimisión da conselleira de pesca, Rosa Quintana, pero na información do Telexornal mediodía nin se cita:

http://www.crtvg.es/informativos/protesta-do-sector-do-cerco-en-santiago-768530

Cando os incidentes se producen diante do Parlamento, unha deputada do BNG, Montse Prado, foi golpeada pola policia; acudíu a urxencias, e mesmo solicitou un parte de lesións para presentar a correspondente denuncia. Mesmo hai imaxes da actuación policial coa parlamentaria, grabadas e pertencentes a IRMANDADE TV aínda que as utilizan outros medios (pero non a TVG…):

http://www.vtelevision.es/informativosv/2014/03/11/0031_26_204221.htm

http://www.farodevigo.es/mar/2014/03/12/diputada-bng-montse-prado-recibe/983359.html

Pero o Telexornal serán do martes non ofrece ningunha referencia á agresión á deputada:
            Ese mesmo informativo tampouco di que os partidos da oposición piden a dimisión do delegado do goberno, Samuel Juárez, nin que o PP vetou unha resolución impulsada polo PS de G-PSOE para renegociar co goberno central as cotas de pesca do cerco.
            Pero o mércores 13, ademáis de non ofrecer ningunha declaración  dos representantes políticos da oposición (simplemente se comentan de pasada, pero non se escoita ningún deles), si se ofrece unha intervención do propio Samuel Juárez defendendo a actuación policial do día anterior. Primeiro no Telexornal mediodía:
               
                   E logo dase a mesma intervención no Telexornal serán…
                   Sempre a dobre vara de medir dos responsables de informativos da TVG; resaltando en positivo ao PP e os seus representantes, e silenciando as críticas contra o partido conservador. Pero ocultar a agresión policial a unha deputada do Parlamento galego é unha auténtica perversión desinformativa.
                   Por certo, seica a encargada de vixiar e controlar a montaxe da noticia dos incidentes en Santiago para o Telexornal serán do martes 11 foi… a mesmísima directora de informativos da TVG!

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s