O martes 11 de marzo, Cáritas española divulga os datos sobre a pobreza, que ofrecen un panorama desolador, sobre todo en Galicia.
O informe sinala que na comunidade galega a pobreza infantil pasou dun 16,9% en 2007 a un 22,2% en 2012.
En 30.000 fogares non hai ningún tipo de ingresos, e o dato máis arrepiante é que unhas 465.000 persoas viven en Galicia baixo o umbral da pobreza.
Varios medios de comunicación destacan a noticia:
Pero os informativos da TVG ignoran o asunto. Ningún Telexornal ofrece nin a máis mínima referencia.
É quizáis a forma máis inmoral e perversa de manipulación: calar datos terribles para milleiros de persoas que non teñen para vivir, con tal de non ensombrecer a xestión política, neste caso dos gobernos do PP.