Luns, 10 de marzo. Desenvólvese un tenso pleno no concello da Coruña, coa oposición (Esquerda Unida, BNG e PSOE) “acurralando” ao alcalde, Carlos Negreira (PP), e a varios concelleiros tamén do PP, polas supostas corruptelas cometidas dentro da operación Pokémon.
Entre outras cousas, o alcalde non contestou ningunha das preguntas que lle realizaron; o grupo do PP non votou a favor de ningunha proposta da oposición (incluídas varias contra a reforma da lei do aborto), e o tenente de alcalde, Julio Flores (PP), imputado na Pokémon, mesmo saíu da sala cando o concelleiro de Esquerda Unida emitíu polo seu micrófono as gravacións das conversas entre o propio Flores e responsables de Vendex.
Pero sobre todo destaca que o PP non apoiou a solicitude de EU dunha normativa que impida a entrega de agasallos e/ou diñeiro a políticos e/ou funcionarios.
Así o reflicten varios medios:
http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2014/03/10/alcalde-evita-responder-caso-pokemon/819492.html
http://elprogreso.galiciae.com/nova/316496-tension-pleno-reproduccion-escucha-flores-tutor
A pesar da relevancia da noticia, non só para a Coruña senón para toda Galicia, os Telexornais da TVG “despáchana” en poucos segundos, sen pormenorizar detalles do ocorrido no pleno… sen ofrecer ningunha opinión dos protagonistas… e sen dicir nada de que o PP non apoiou a proposta para evitar subornos.
O Telexornal mediodía e o Telexornal serán emitiron a mesma información:
Tamén se omitiron as durísimas palabras do concelleiro do PP Miguel Lorenzo, quen asegurou en pleno que “a democracia non pode estar secuestrada por un xuíz”. Outros medios si as recolleron.
http://www.farodevigo.es/galicia/2014/03/11/pp-corunes-censura-juez-lara/982700.html?utm_medium=rss
Como ven sucedendo desde que se destaparon as supostas irregularidades da Pokémon, os informativos da TVG ocultan sistematicamente ou disimulan todas aquelas noticias negativas e/ou incómodas para o PP e os seus membros no goberno municipal coruñés.