O domingo, 9 de marzo, vólvese producir unha das fórmulas de manipulación máis utilizadas polos responsables e colaboradores dos informativos da TVG.
O Telexornal serán ofrece dúas noticias sobre o BNG e ANOVA.
A primeira delas alude a que o Bloque Nacionalista Galego irá só con Bildu ás eleccións europeas, xa que os cataláns de Candidatura d’Unitat Popular (CUP), que barallaban presentarse xunto con galegos e vascos, non irán finalmente aos comicios:
http://www.crtvg.es/informativos/o-bng-presentase-as-europeas-so-con-bildu-767548
Por certo, non se da nin unha soa imaxe do BNG (aínda que a noticia destaca que irán ás eleccións só con Bildu…), e só se ofrecen as dunha asemblea dos cataláns de Candidatura d’Unitat Popular.
Pero nos segundos de entrevista que se emiten, o coordenador de Anova non se refire para nada a eses aspectos. Fala da “complexidade”, pero sobre todo, da ilusión que suscita o proxecto:
http://www.crtvg.es/informativos/martino-noriega-volve-coordinar-a-permanente-de-anova-767547
Sorprende tamén ese tratamento, cando o Telexornal Mediodía do mesmo domingo elaborou a información sobre o nomeamento de Noriega, sen incidir en ningún momento en divisións ou problemas internos:
Volvendo co Telexornal Serán, tras a noticia de Noriega chega a “puntilla” habitual nestes casos. Inclúense unhas declaracións da voceira do PP de Galicia, Paula Prado, nas que critica ao BNG por ir con Bildu ás eleccións europeas -argumentando que non condenan os actos terroristas-, e tamén a Anova “porque se pelexaron por un escano”.
Por certo, o titular da noticia na web mete a toda a oposición no saco (iso incluiría ao PSOE, claro), deste xeito: “Paula Prado critica as políticas e as formas da oposición”:
http://www.crtvg.es/informativos/paula-prado-critica-as-politicas-e-as-formas-da-oposicion-767546
Se os responsables de informativos da TVG tivesen a mesma adicación e axilidade para meter – por exemplo – declaracións da oposición en Santiago polas presuntas corruptelas do PP no concello coa Pokémon… pero non. O caso é favorecer ao PP ou criticar á oposición.