Santiago segue a ser menos importante ca outros concellos

bng entierra corrupcion

Os problemas que arrastra Santiago por implicacións dos seus políticos do PP  en casos de suposta corrupción sempre foron peor valorados polos responsables dos informativos da Televisión de Galicia que os relacionados cos concellos de Lugo e Ourense, gobernados polo PSdeG-PSOE.

Ou iso parece, a xulgar polos tempos que se lles adican a uns e a outros. Xa espuxemos neste blog moitos exemplos de que os telexornais adoitan ser máis xenerosos en tempo e explicacións cos problemas dos socialistas que cos do Partido Popular.

E nesas seguimos. Despois de que un auto xudicial decidira esta semana sentar no banquiño a sete edís do PP de Santiago, a información minimizouse a escasos 30 segundos o primeiro día, e a darlle voz só ao PP o segundo.

Non houbo moitos cambios en días sucesivos.

Onte, 5 de marzo, o BNG organizou unha comparsa diante do concello para enterrar a corrupción municipal. Emitiuse sen inmaxes, só cunha declaración do voceiro nacionalista sobre corrupción “dos grandes partidos, PP e PSOE”.

http://www.crtvg.es/informativos/o-bng-pidelles-aos-cidadans-que-se-rebelen-contra-a-corrupcion-dos-grandes-partidos-764618

E si, onte deuselle voz ao secretario xeral dos socialistas galegos, que lle pediu a Feijó que actúe en Santiago. Así se recolleu nos xornais.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2014/03/05/rueda-supedita-posible-actuacion-pp-santiago-sentencia-judicial/0003_201403201403051349041.htm

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/03/05/galicia/1394034344_939458.html

TVG preferiu meter o momento no que Besteiro falaba da suposta financiación irregular do PSdeG.

http://www.crtvg.es/informativos/gomez-besteiro-non-se-manifesta-sobre-o-posible-financiamento-ilegal-do-psdeg-en-santiago-764619

Hoxe, día 6, o Telexornal Mediodía informou da “situación do concello de Santiago” para darlle paso a unhas declaracións do presidente da Xunta. En ningún momento se aclara que os sete concelleiros do PP poden ser xulgados por acordar que o concello se fixera cargo dos gastos da defensa dun edil  inculpado noutra causa xudicial. Con fondos públicos, claro.

Declaracións que se mesturan con outras sobre  Vigo e os problemas de gobernabilidade de PSOE e BNG.

http://www.crtvg.es/informativos/sen-titulo-765317

Infórmase no mesmo telexornal de que Baltar -o fillo, o do lazo familiar- presentou un código ético na Deputación de Ourense.

http://www.crtvg.es/informativos/a-deputacion-de-ourense-presenta-un-codigo-etico-que-prohibe-aceptar-agasallos-765313

Era moito pedir que incluíran as declaracións que o dirixente provincial do PP fixo sobre os imputados do concello de Santiago.

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/03/06/galicia/1394112925_112566.html

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s