Minimizando a crise do PP de Santiago

 scale

O luns tres de marzo a apertura de xuízo oral a sete concelleiros de Santiago acusados de prevaricación só merece trinta segundos nos telexornais, case a terceira parte, por exemplo, ca moción de confianza en Teo.

Si, leron ben: 30 segundos. Tras ser destacada nun dos titulares, a mininoticia sobre os concelleiros do PP aparece ben avanzado o informativo, ás 21:23 horas!:

http://www.crtvg.es/informativos/o-xulgado-de-santiago-acorda-celebrar-xuizo-oral-contra-7-concelleiros-por-suposta-prevaricacion-763402

Mesmo se lle da máis tempo á moción de confianza no concello de Teo, especialmente no Telexornal Mediodía, onde a noticia durou case o triplo!!! ca nova do informativo da tarde sobre os concelleiros de Santiago imputados:

http://www.crtvg.es/informativos/teo-segue-sen-aprobar-os-orzamentos-tras-fracasar-a-mocion-de-confianza-763285

No Telexornal Serán:

http://www.crtvg.es/informativos/teo-segue-sen-aprobar-os-orzamentos-tras-fracasar-a-mocion-de-confianza-763399

A TVG dálle tratamento de noticia local á información de Santiago, como sen non tivera repercusións fóra do concello onde se produce. Minimiza unha noticia que ten unha ampla difusión en cabeceiras e páxinas interiores dos xornais galegos.

http://kiosko.net/es/geo/Galicia.html

O cativo do tratamento tamén impide ofrecer as reaccións políticas desta noticia, nin da oposición, nin as do propio Partido Popular mostrando o seu amparo aos concelleiros imputados.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2014/03/03/abren-juicio-oral-contra-siete-concejales-santiago-imputados-prevaricacion/00031393863216935628537.htm

Paradoxalmente si se ofrece outra pequena información sobre o apoio do TSXG á xuíza do caso ante as insinuacións e críticas recibidas, sen especificar que estas proceden precisamente do Partido Popular.

http://www.crtvg.es/informativos/o-tsxg-reclama-respecto-pola-xuiza-instrutora-de-santiago-763401

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s