Algo pasa en Santiago: PP 3 – Oposición 0


Pleno-Concello-Santiago

Despois de que onte, día 3 de marzo, o Telexornal Serán apenas dedicase medio minuto á decisión xudicial de sentar no banquiño a sete membros do concello de Santiago, do PP, hoxe, 4 de marzo, o Telexornal Mediodía foi máis xeneroso cos tempos, pero só para darlle voz ó PP.

 O informativo da Galega incluíu declaracións do alcalde e da tenente de alcalde, un minuto en total, pero de ningúen da oposición municipal.

http://www.crtvg.es/informativos/o-alcalde-de-santiago-amosa-o-seu-apoio-aos-sete-edis-acusados-de-prevaricacion-763925

Outros medios informan de que a oposición pediu demisións.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2014/03/04/curras-considera-codigo-etico-pp-debe-excepcion-siete-concejales-imputados-acuerdo-xunta-goberno/00031393935325332736399.htm

http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/bng-psoe-santiago-piden-dimision-siete-ediles-gobierno-local-imputados-prevaricacion/idEdicion-2014-03-04/idNoticia-856139/

Non tivo mellor sorte a oposición parlamentaria, que reivindicou  algunha medida para acabar co que está a pasar no goberno compostelano.  Non houbo para eles mais cunha línea de introducción ao que logo serían declaracións ….. de quen? … do voceiro do PPdeG.  29 segundos para elsoíño. 

http://www.crtvg.es/informativos/o-partido-popular-a-traves-do-seu-voceiro-parlamentario-apostou-por-agardar-o-que-decida-a-audiencia-provincial-763923

O principal informativo da canle autonómica só incluiu declaracións do PSdeG cando falou do suposto financiamento irregular dos socialistas. 17 segundos.

http://www.crtvg.es/informativos/mendez-romeu-elude-valorar-as-acusacions-de-financiamento-irregular-763920

Unha opinión sobre “Algo pasa en Santiago: PP 3 – Oposición 0

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s