A Televisión de Galicia empregouse a fondo en difundir o incidente entre a deputada socialista, Beatriz Sestayo, e un vixiante do aparcadoiro do Parlamento de Galicia. Dedicoulle minutos nos telexornais de varios días.
Sorprende que cando o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia arquivou a denuncia interposta polo vixiante contra a deputada, o telexornal dese día, igual que o do seguinte, “resolveu” o tema en 30 segundos.
En ningún momento a Galega mostrou imaxes do incidente gravadas por unha cámara do exterior do Parlamento e que analizou o TSXG, sen atopar probas. O vídeo fóra difundido en exclusiva por El País TV.
En cambio, o pasado venres 28 de febreiro, para ilustrar a noticia do recurso do vixiante contra o arquivo da denuncia, si se utilizaron imaxes do vídeo do interior do aparcadoiro, exclusiva tamén dun medio de comunicación, V TV.
http://www.crtvg.es/informativos/recorren-o-arquivo-do-caso-sestayo-por-omision-de-probas-761670
Costa encontrar a proporcionalidade e defender o criterio utilizado pola Galega para informar sobre todo este asunto.