Calando os desastrosos datos dos autónomos en Galicia

                        

                O domingo 9 de febreiro, diversos medios publican un dato tremendo: nos últimos cinco anos desapareceron en Galicia case 27.000 autónomos con empregados ao seu cargo, o que supón un descenso do 31’1 % respecto dos que había a comezos de 2009.

Seguir lendo

As opinións pro-abortistas, minimizadas nos informativos da Galega

 

femen

6 de febreiro. Unha enquisa de Sondaxe conclúe que sete de cada dez galegos rexeitan a reforma da Lei do aborto de Gallardón. A nova publicábaa La voz de Galicia:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2014/02/06/siete-diez-gallegos-rechazan-nueva-ley-aborto/0003_201402G6P28994.htm

Seguir lendo

Ou te operas fóra ou pasa a túa quenda

cospe

        6 de febreiro.  Varios medios aseguran que o Goberno autonómico de Castela-A Mancha está a desviar pacientes que teñen que ser intervidos a clínicas privadas da Comunidade de Madrid e da Comunidade Valenciana para que sexan operados e alixeirar así as listas de espera que existen na rexión gobernada por María Dolores de Cospedal. A Consellaría de Sanidade xustifica eses traslados porque permiten aforrar diñeiro.

Seguir lendo

Campaña contra a xuíza que non viu delito no “escrache” a vicepresidenta

xuiza

6 de febreiro. O PP difundíu un vídeo no que relata que a maxistrada Isabel Valldecabres, membro do tribunal que non viu delito no ‘escrache’ ao vicepresidente Soraya Saénz de Santamaría, denunciou no seu día o acoso que sufriu a ministra de Igualdade, Bibiana Aído, da que foi asesora.

Seguir lendo

As presións antisindicalistas de Adrián Varela, fóra dos telexornais

adrian

Desde que o sumario da operación Pokemon desvelou que Adrián Varela, concelleiro do PP en Santiago,  pediu a empresa Vendex  que despedira  unha traballadora porque era a muller dun sindicalista que molestaba no concello, a indignación en contra deste edil non cesa.

 

Seguir lendo

Andalucía si, A Rioxa non

 genova 13

O 5 de febreiro. O xuíz da Audiencia Nacional Pablo Ruz dá un prazo de dous días ao PP para que entregue a documentación relativa ás obras de ampliación da sede do partido na Rioxa. Esta solicitude está relacionada coa investigación dun apunte da contabilidade B de Luís Bárcenas de maio de 2008 sinalado como “Entrega La Rioja”.

Seguir lendo

Trama Gürtel, non grazas. Pero un pouquiño de UXT a diario

camps

       5 de xaneiro. Un novo informe da UDEF revela máis  informacións relativas á trama Gürtel. Diferentes medios dan conta de agasallos que, presuntamente, facía a rede corrupta a membros do Partido Popular, para conseguir contratos, segundo a Policía. 

Seguir lendo

Maquillando os datos do paro

parados navl

       O día 4 publicáronse os datos do paro do mes de xaneiro. O número de desempregados aumentou en todo o Estado. En Galicia rexistráronse 10.000 parados máis. Na noticia dos Telexornais , xunto ás cifras, facíase fincapé no único dato “positivo”: foi o mellor mes de xaneiro desde o 2007. Incluían a valoración do Ministerio de Traballo e da Xunta de Galicia. Nin a oposición, nin sindicatos nin empresarios.

Seguir lendo

Os telexornais silencian a Nacións Unidas cando fala de España

 

foxas

O pasado día 3 de febreiro ningún telexornal recolleu as declaracións nas que Pablo de Greiff reclamaba que se xulgaran as desaparicións do franquismo. A TVG silencia a voz pero tamén a visita de dez días a España do relator da ONU para a promoción da verdade, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición dos delitos de lesa humanidade.

Seguir lendo

Pouco da Pokemon no Telexornal

funcionarios conde roa

        5 de febreiro. Os xornais publican que o sumario da operación Pokemon desvela que o PP de Santiago destituíu funcionarios para colocar outros afines que non puxeran trabas ás súas xestións.

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/02/04/galicia/1391547343_777396.html

O Telexornal Mediodía da TVG non da nada. E tampouco informa de que PP e PSOE queren que a Pokemon non chegue ao Parlamento.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2014/02/05/pp-psdeg-impiden-pokemon-llegue-parlamento/0003_201402G5P5991.htm

Si emite as explicacións do presidente da Deputación da Coruña, do PP, sobre un suposto enchufe.

http://www.crtvg.es/informativos/diego-calvo-aclara-que-se-limitou-a-informar-da-situacion-de-emerxencia-dunha-familia-746494

Tamén sae noutros medios:

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/02/05/galicia/1391616557_294842.html

E pouco máis; un video no que lembra que as orixes desta trama de susposta corrupción municipal están en Lugo.

Será que, igual que PP e PSdeG-PSOE, quere que se fale o menos posible deste asunto ?