O mutante criterio informativo para contar os debates sobre a corrupción

Pleno-Concello-Santiago

 

Xoves, 27 de febreiro: o pleno do concello de Santiago impide, pola maioría absoluta do PP, a convocatoria dun pleno extraordinario para debater sobre a operación Pokemón, na que están implicados tres concelleiros do Partido Popular e un do Partido Socialista.

A proposta, plantexada polo BNG, pasaba por abordar nun pleno extraordinario o que a formación nacionalista considera “o maior escándalo institucional de Santiago”. No debate, a voceira do Partido Popular dixo que non podía crer que se pedise debater sobre “opinións ou chismes que saen nos medios”.

A información aparece así nalgúns medios:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2014/02/28/pp-debate-pokemon-habla-chismes/0003_201402S28C19911.htm

http://www.galiciae.com/nova/314219.html

A TVG non fai ningunha referencia ao debate no Telexornal Serán do xoves.

En cambio, si informa da celebración do pleno do concello do Carballiño no que se pedía a demisión do alcalde, Argimiro Marnotes (PP). A noticia xurdiu cando o alcalde leu as partes do sumario da Pokemon nas que se fai referencia a supostos pagamentos de Aquagest a Pachi Vázquez (PSOE). E a TVG estaba alí.

http://www.crtvg.es/informativos/o-alcalde-do-carballino-di-que-no-sumario-da-pokemon-recollese-que-pachi-vazquez-recibiu-cartos-de-aquagest-761038

Tamén a TVG estaba no concello de Vigo, como é a nosa obriga, cando no pasado día 24 o grupo municipal do BNG lle pediu información ao alcalde sobre os rexistros policial no concello no marco da operación Patos.

http://www.crtvg.es/informativos/o-bng-de-vigo-pide-informacion-ao-goberno-local-sobre-os-rexistros-da-operacion-patos-no-concello-758815

Como se ve o criterio informativo para falar dos plenos municipais que debaten os casos de corrupción é variable

 

 

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s