Non é a fórmula do Luar, non; somos nós

sanchez izquierdo

 

O director xeral da CRTVG volveu ao Parlamento para tratar de explicar o inexplicable.

As súas ansias por controlar os traballadores (sobre todo algúns) levouno a ditar unha serie de normas para “o control  dos sistemas informáticos” que agocha unha realidade moito máis triste.

E non é, non, como irónicamente dixo unha deputada do BNG, pola fórmula do Luar, non. O que verdadeiramente amola a Alfonso Sánchez Izquierdo é a elaboración deste blog que recibíu máis de 128.000 visitas en 11 meses e que toda Galicia saiba cómo manipula, desinforma e falsea a realidade a cotío a TVG.

O noso director xeral quedou tan tranquilo dicindo que como o fan os demais por qué non o vai facer él. Tamén dixo, en clara referencia aos que facemos este blog, que non lle preocupaban os comentarios anónimos na rede.

Saiba o director xeral que é certo que son anónimos, pero que todos somos traballadores (e non poucos) da CRTVG. En calquea caso, pode estrar tranquilo; o blog faise fóra de horas de traballo e non nos importa terlle que adicar parte do noso tempo de lecer a denunciar unha manipulación informativa que avergoñaría a calquera.

 

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s