Xoves 27 de febreiro. O Telexornal Serán informa que no pleno extraordinarino celebrado no concello do Carballiño, o alcalde, Argimiro Marnotes, do Partido Popular, acusa ao socialista Pachi Vázquez de recibir cartos da empresa Aquagest:
Despois emítese outra información – pouco máis de quince segundos – na que o propio Pachi Vázquez, mediante un comunicado, anuncia que exercerá accións legais por esas declaracións do alcalde carballiñés:
O tratamento informativo do asunto é correcto. Ofrécese a noticia coa declaración-denuncia de Marnotes, e de seguido a réplica do aludido, neste caso Pachi Vázquez.
Pero esta boa información contrasta co que se fai cando o PP e algún dos seus membros e/ou institucións son denunciados ou figuran en operacións e situacións negativas ou delicadas.

Hai varios exemplos. O máis recente de hai só uns días, cando se coñeceu por unha información de El Mundo que o entón senador do PP, Francisco Granados, tiña unha conta en Suiza con millón e medio de euros.
Ao contrario do que se fixo este xoves coa denuncia do alcalde do Carballiño, daquela, o 19 de febreiro, os Telexornais da TVG ofreceron directamente o desmentido de Granados, sen emitir primeiro a información de El Mundo.
É o habitual cando se trata de comunicados do PP: primeiro dase o comunicado do partido e despois, a noticia que provoca ese comunicado.
Outra vez o famoso dobre raseiro dos responsables de informativos co PP e cos demáis partidos políticos. Non cambian…