O “silencio” da TVG sobre o concello de Santiago

scale (1)

 

Na capital de Galicia non pasa nada. Esta é a conclusión á que chegaron os responsables dos informativos sobre o grande escándalo que hai montado a conta da Pokémon.

 

A TVG, tan dada a ofrecer novas e máis novas de todo o que esta operación deixa nos concellos de Lugo e Ourense, pasa de refilón un día sí e outro tamén sobre a liorta monumental organizada no de Santiago.

Sete dos edís están imputados por prevaricación e mesmo non se desbota a posibilidade de que haxa que disolver o concello.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2014/02/26/juicio-gobierno-curras-abre-via-dimision-siete-ediles/0003_201402G26P10994.htm

http://www.farodevigo.es/galicia/2014/02/26/feijoo-duda-imputaciones-ediles-pp/974813.html

http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/inexplicable-decision-judicial-imputar-siete-concejales-raxoi/idEdicion-2014-02-26/idNoticia-854940/

Iso sí, os telexornais recordáronnos este mércores que os sete edís recorrerán esta imputación diante da Audiencia Provincial. Un breve apuntamento do asunto (igual que o día anterior cando se deu a nova) e a outra cousa.

http://www.crtvg.es/informativos/os-edis-de-santiago-imputados-por-presunta-prevaricacion-recorreran-ante-a-audiencia-provincial-760025

http://www.crtvg.es/informativos/os-edis-de-santiago-imputados-por-presunta-prevaricacion-recorreran-ante-a-audiencia-provincial-760203

E por suposto, nin a máis mínima mención á oposición compostelá que leva semanas pedindo a celebración de eleccións na capital de Galicia.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2014/02/26/reyes-insta-feijoo-poner-solucion-santiago-intervenir-ayuntamiento/0003_201402S26C3991.htm

http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/executivo-compostelan-deslexitimado-roto-dividido/idEdicion-2014-02-26/idNoticia-855047/

Nada que ver co tratamento que se lle está a dar, por exemplo, á crise do goberno municipal de Ourense con videos completos día si e día tamén. A que se deberá esa diferenza de tratamento informativo?

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s