E as dietas cobradas por non asistir ás sesións do Porto de Ferrol?

Ao longo destes días foron xurdindo noticias relacionadas co cobro de dietas na Autoridade portuaria de Ferrol, por parte de membros do consello de administración que nin sequera asistiron ás sesións.

Entre os que cobraron eses cartos (no seu caso por un importe de 4.565 euros) figura o actual presidente da Deputación de A Coruña, Diego Calvo (PP). En 2012, Calvo non acudíu a ningunha das xuntanzas dese organismo, pero percibíu o diñeiro.

Recentemente asegurou que xa devolveu isa cantidade.

Non é o único caso de cobros por non asistir ás sesións da Autoridade Portuaria ferrolá. A actual Conselleira de Sanidade, Rocio Mosquera, formou parte do consello do Porto de Ferrol en representación da Xunta, sendo xerente do Sergas. Desde que entrou no Consello de Administración ata que o abandonou cando a nomearon Conselleira, acumulou alomenos sete ausencias… pero cobrou as dietas correspondentes.

Outras ausencias ás sesións – pero tamén recompensadas económicamente – foron as da delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias; a avogada do Estado, Adela Álvarez; o entón secretario comarcal de CC. OO., Julio Abelleira, e -entre 2012 e 2013 – o alcalde de Xove polo PP, José Demetrio Salgueiro.

Varios medios publican detalles ao longo da semana recén rematada:

As últimas informacións publicadas son do domingo 16 de febrero. Ningún Telexornal da TVG falou sobre o asunto, nin nos días anteriores, nin durante a fin de semana.
Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s