O insignific​ante tratamento da Pokémon

 
           O sábado 15 de febreiro séguense coñecendo máis detalles sobre a operación Pokémon, unha vez levantado o segredo do sumario.
           É sen dúbida o maior caso por corrupción instruído nunca en Galicia, no que xa hai imputadas un cento de persoas entre políticos, funcionarios e directivos das empresas implicadas.
           Este día, varios medios informan – sobre todo – das graves acusacións contra os gobernos municipais do PP en Santiago e A Coruña, e os do PSOE na capital galega, en Lugo e Ourense:
          Os Telexornais da TVG do sábado “ventilan” o asunto con só dúas noticias brevísimas. A primeira, nuns 45 segundos de imaxes, destaca “especialmente” que unha comisión xudicial volverá o luns ao concello de Lugo.
          No contido da noticia, o único texto que se le sobre Santiago e A Coruña, é soamente o seguinte:
          “A Pokemon tamén destapa indicios de financiamento ilegal no PSOE e no PP de Santiago. Un empresario dixolle á xuíza que Aquagest pagou as campañas socialistas de 2007 e 2011. O sumario tamén sinala a Angel Espadas como o recadador do PP en Compostela. Na Coruña, Pilar de Lara investiga se o concello alterou pregos de contratos a petición de Vendex.”.
            Vexan e escoiten a información:
            Na seguinte noticia, só se dan uns segundos dunha declaración feita polo alcalde lugués, nas que di que se atopa “extraordinariamente ben; cada día mellor” (Sic). É todo:
            O Telexornal serán do sábado emitíu as mesmas “noticias”.
             Sen dúbida unha pobrísima e insignificante información, moi tibia co PP e cargando as tintas co concello de Lugo e o seu alcalde, do PSOE.
             Hai detalles que publican os xornais que na TVG se pasan completamente por alto. Por exemplo, que a empresa Vendex, implicada nas supostas corruptelas, tratou de entrar no concello de Pontevedra, pero non atopou “a quen corromper”.
             Lembren que na cidade do Lérez xa levan gobernando desde hai tempo en coalición o BNG e o PS de G-PSOE…
            Tampouco se citan as declaracións realizadas diante da xuiza polo concelleiro de deportes de Santiago, Adrián Varela (PP), tamén imputado, chamándolles “DESCEREBRADOS” aos membros do goberno local compostelán, do seu propio partido…
          E non hai referencia ningunha ao que di o sumario sobre que “o goberno coruñés (do PP) pedíu un informe a medida para contratar a Vendex”:
           O asunto de corrupción política máis importante na historia de Galicia, pasa case desapercibido para os responsables de informativos este sábado 15… e o que se da é moi tendencioso.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s