Unha informació​n da Pokémon… deliberada​mente parcial ??

          O venres 14 de febreiro, algúns medios publican que o concelleiro de deportes de Santiago, Adrián Varela, do Partido Popular, imputado na operación Pokémon, recoñeceu diante da xuiza que “Antonio Ramos”, ao que identifica como “construtor”, puxo diñeiro para a campaña do PP.

         Varela matizou que él en ningún momento víu recibir cantidades, e que non era o tesoureiro del partido.

         Pero nunha conversa intervida a este concelleiro e a Ángel Espadas – que era xefe de gabinete de Gerardo Conde Roa -, Adrián Varela coméntalle que, no caso de que o actual rexedor, Angel Currás, tivese intención de “prescindir” de él (por Espadas), íalle “recordar decir que va a haber gente que le va a ir a pedir 40.000 o 45.000 euros… gente que puso dinero en la campaña electoral y que quieren que tú (a Espadas) sigas ahí, para empezar…” (sic).

         Este extracto da conversa telefónica foille posto a Adrián Varela na súa declaración diante da xuiza Pilar de Lara, como se recolle no sumario da Pokémon. Logo de escoitarse a sí mesmo, o concelleiro compostelán do PP lémbralle á instrutora que él falaba “disgustado” por todo o que pasara.

           Ningún Telexornal da TVG deste venres 14 ofreceu nada sobre o asunto.
          
         Pero si se ofrece una noticia destacando que a actual vicevoceira parlamentaria de AGE, Yolanda Díaz, recibíu agasallos de Vendex cando era concelleira de IU en Ferrol, aínda que na lista publicada no sumario da Pokémon hai outros persoeiros relevantes”…
          Faise una información xenérica de que políticos de tódolos grupos recibiron agasallos, pero só se menciona expresamente a Yolanda Díaz, seica porque está no grupo “especial” d@s que tiveron “detalles” por un importe superior aos 1.000 euros.
          Non se cita ao actual alcalde de A Coruña do PP, Carlos Negreira; nin a Julio Flores, tamén do PP coruñés e agora Tenente de alcalde; nin tampouco a José Luis Baltar, coñecido ex-presidente da Deputación de Ourense polo PP, que tamén recibíu agasallos cando foi concelleiro na cidade das Burgas. E ningunha mención ao actual director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, nin ao senador e ex-alcalde de Ferrol polo PP, Juan Juncal.
           E non se di nada de que o actual alcalde santiagués, Ángel Currás, do PP, tamén recibíu “dádivas” de Vendex. O mesmo sucede con importantes políticos do PSOE, e  con algún representante do BNG e de grupos municipais independentes. Esta é a lista de nomes e partidos:
           Porqué se da só o nome de Yolanda Díaz e non os de outros persoeiros – especialmente de PP e PSOE – que antes ou agora son destacados… ??

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s