Nalgunha ocasión xa se teñen valorado positivamente desde este blog informacións ou noticias ben elaboradas e tratadas dun xeito veraz, con sentido común e xornalístico nos Telexornais.
E este mércores 12 de febreiro contemplamos seguramente os mellores espazos informativos da TVG desde a aparición de Eunonmanipulo.
Entre o TX1 e o TX2 déronse noticias de temas incómodos para o PP, que en anteriores ocasións foron silenciados ou minimizados.
Cremos que é de xustiza recoñecelo, e aí vai unha escolma deses asuntos que habitualmente son tratados dun xeito partidista e tendencioso, e este mércores tiveron un tratamento correcto nos Telexornais mediodía e serán.
No TX1, e por orde de emisión:
http://www.crtvg.es/informativos/amaiur-exhibe-pancartas-en-defensa-do-achegamento-dos-presos-750666
Tamén a noticia de que a Xunta repetirá o proceso de oposicións no CHUS, logo de coñecerse que o marido da conselleira de Sanidade conseguíu una praza de xeito irregular:
A petición do grupo parlamentario de AGE para que dimita a conselleira de Sanidade:
Outra solicitude do BNG, para que cesen tódolos cargos imputados na operación pokémon:
Tamén as mobilizacións dos traballadores de Navantia:
A xuntanza dos mariñeiros do cerco para reclamarlle ao goberno central maior cota de pesca, cando días atrás se tardou en informar das súas protestas ou foron minimizadas:
A convocatoria de folga no ensino por parte do sindicato de estudantes, aos que case nunca se lles da protagonismo:
A operación anticorrupción iniciada no concello de Coristanco, gobernado polo PP:
E, por último, a manifestación de protesta dos sindicatos policiais pola concesión de medallas a mandos tralo accidente de tren en Angrois:
Ademáis, no Telexornal serán, a moitas das anteriores engadíronse dúas novas que outras veces non se deron ou elaboráronse dunha forma malintencionada.
A manifestación en Vigo para pedir o indulto de dous sindicalistas:
E quizáis a máis rechamante, tamén referida á operación pokémon: fala dos agasallos do delegado da empresa Vendex a políticos de toda Galicia, e os partidos aos que pertencen.
Sempre se di sen son do PSOE ou do BNG. Nos políticos do PP a afiliación non sempre se aclara (malia os esforzos e as preocupacións persoais dalgúns traballadores en que así sexa, labor que valoramos especialmente desde Eunonmanipulo). A noticia está ben elaborada. Equilibrada:
Queremos pensar que pode tratarse dun cambio de rumbo dos responsables de informativos da TVG, na procura dese servizo público digno e exemplar que todos pretendemos.
Pero moito nos tememos que se trate dun pequeno e breve “lavado de cara” trala emisión da reportaxe sobre a manipulación na TVG no programa “El Intermedio” do martes 11.
En todo caso, aquí queda constancia de que valoramos positivamente que se fagan ben as cousas nos informativos. Queremos o mellor para esta empresa, que é nosa e de tódol@s galeg@s. Que non sexa flor dun día, e que dunha vez por todas podamos pechar Eunonmanipulo.
Alégrome de que algo cambie.